martes, 11 de mayo de 2010

Os futuros xornalistas preocupados polo intrusismo e a adaptación ás TIC

Algúns nenos din que de maiores queren ser deportistas, outros astronautas. Pero hai algúns que prefiren ver e contar unha canasta de Michael Jordan ou a chegada do home á lúa. Entre eles está Fernando Barros, estudante de último curso de xornalismo que abre esta nova entrega de artigos sobre o futuro da profesión que publica Galicia Hoxe. No seu texto amosa a súa preocupación por un fenómeno que afecta a todos os medios de comunicación: o intrusismo laboral. Para contrarrestar este problema, considera que é necesario estar en "continua preparación" para amosar que os xornalistas somos verdadeiramente útiles.

Xunto a Barros, tamén publicaron artigos as súas compañeiras Alba Naveira e Alba Chao. A primeira fai unha reflexión sobre a relación entre o xornalismo e tecnoloxía, situando ao profesional como un elemento fundamental á hora de facer de intérprete entre a avalancha de contidos que se recibe en internet e as necesidades informativas da cidadanía. Pola súa banda, Chao explica como desde que se decidiu a ser xornalista, foi perdendo o escepcticismo a respecto da tecnoloxía. Mais ten claro que "nunca se poderá prescindir de persoas cualificadas que informen os cidadáns".

As eleccións en ligazóns

INTRODUCIÓN

- A campaña electoral

Ligazóns:

http://www.juancasareslong.com
http://www.conlourenzo.org
http://www.mercedesbrea.org
http://www.pilarbermejo.gestiondecuentas.net
http://www.eucreofuturo.org
http://www.jaimegomezmarquez.org
http://www.jvareladuran.blogspot.com


- O sistema electoral

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/secxeral/Ponderacixn_voto_xpublicadox.pdf


OS RESULTADOS

- Principais éxitos dos candidatos e candidatas por sector

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/secxeral/descargas/v_ESTATISTICAS_VOTO_PROCESO_SEDE_CANDIDATOS_SECTOR-_7-5-2010xcorrectox.pdf

- Cumpriron ou non cumpriron os obxectivos da campaña?

AS CLAVES DA SEGUNDA VOLTA

- Os candidatos

- Os pactos

- A opinión dos diferentes sectores con representación no claustro:

- Estudantado: Comités, IESGA, ELGa
- PAS: A Trabe, CUPAS, +Util
- Profesorado: Universidade Aberta, Converxencia Universitaria e Plataforma Universitaria Profresista.

http://www.comitesabertos.org
http://www.iesga.es
http://www.elgauniversitaria.blogspot.com

http://www.usc.es/atrabe
http://www.usc.es/cupas
http://www.usc.es/maisutil








martes, 4 de mayo de 2010

O xornalismo que aí vén

O alumnado da facultade de Ciencias da Comunicación segue a debullar o futuro do xornalismo nun blog de Galicia Hoxe. Desta volta é son Julia Fontera, Laura Torres e Verónica López as que achegan a súa visión sobre o porvir da profesión. Nestes breves textos amosan a súas inquedanzas, preocupacións e propostas para o xornalismo que aí vén.

Julia Fontela centra o seu artigo en dous grandes puntos: conciencia crítica e espírito emprendedor do xornalista. Para esta moza natural de Vilagarcía de Arousa "ante os feitos, nada é o que parece até que falan todas as partes implicadas, o sinxelo é máis difícil do que aparenta e a verdade está sempre por descubrir".

A venezolana Laura Torres di que comezou a estudar xornalismo por ser "un labor social" que sirva para "dar a coñecer carencias e necesidades que teñen aqueles que non son escoitados". Con esta vontade, amosa o seu interese polo ciberxornalismo e sinala que é necesario un novo xeito de escribir para web.

Pola súa banda, a xa licenciada en historia Verónica López reflexiona sobre o modelo de negocio do novo xornalismo e considera que os medios en papel aínda non van desaparecer.

jueves, 29 de abril de 2010

Unha fiestra aberta á esperanza

Esta nova actualización da bitácora de Galicia Hoxe, "Xornalismo no Futuro", refírese ás perspectivas da profesión con bastante esperanza. Santiago Agra, redactor da edición galega de El País, sinala que "o futuro está na lingua" e que cómpre aproveitarmos o potencial da lusofonía "informando desde aquí e cunha ollada propia galega, pero posta nun mundo cada vez máis globalizado."

Pola súa banda, a estudante de Zas, Marta Rial, é da opinión de que internet achega incontábeis posibilidades ao xornalismo do século XXI. Mais tamén sostén que neste contexto de converxencia, non desaparecerá a prensa escrita, senón que convivirá cos novos medios dixitais. Asemade, conclúe que no ciberxornalismo deben de materse as bases da profesión "buscar a verdade e contrastar a información que se publica."

Rocío Álvarez, a última desta semana, fai especial fincapé en que nese "maremagnum" que é o ciberespazo, o papel do xornalista como mediador é fundamental para unha cidadanía informada. Conclúe dicindo que aínda que muden os soportes, "a esencia de contar historias que ten o xornalismo non desaparecerá xamais porque o ser humano sempre sentirá a necesidade de manterse informado."

jueves, 22 de abril de 2010

Que facer co xornalismo?

O outro día escoiteille dicir a un profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación que o futuro do xornalismo tiñamos que escribilo nós, os que estabamos sentados nas bancadas daquela aula. Quedei pensando en que podía dicir sobre isto un mozo naronés de vinte un anos que aínda non rematou a carreira. O único que se me ocorreu, e non sen moito cavilar, foi facer fincapé nas diferenzas que existe entre o consumo de noticias na miña xeración e na dos meus profesores, a ver se era quen de tirar algunha conclusión. En primeiro lugar, a min xa non se me ocorre mercar o xornal nada máis saír da casa. Prefiro prender o ordenador antes de almorzar (ou despois, dependendo de canto ruxa o bandullo) e conectarme a calquera xornal dixital. Tampouco recorto unha noticia nin unha reportaxe que me pareza interesante, en tal caso marcareina no Delicious. Tampouco me conformo co menú do día que ofrece cada medio. Collo un menú degustación e pico o que máis me gusta de cada un. Daquela a miña conclusión é esta: se cada vez nos informamos de xeitos máis distintos, non precisaremos novas linguaxes que superen o simple envorcadura na rede dos contidos papel?

Estudantes da USC falan sobre o futuro da profesión

Nova entrega do suplemento de universidade de Galicia Hoxe, e con ela, tres novos artigos dos e das alumnas de Obradoiro de Aplicacións na Rede, unha materia da licenciatura de xornalismo impartida polo director do gabinete de comunicación da USC, Luís Celeiro.

O leitmotiv destes textos é a incerteza, pero cada un dos seus autores olla cara horizontes relativamente diferentes. A primeira en falar é a limiá Karina Rivero, quen recoñece sentirse "inxenua, soñadora e con metas espaciais" por ter elixido o xornalismo como profesión. Agora ben, fronte á crise do modelo de negocio da prensa, teno claro: "o futuro pasa polo (ciber)espazo", pero ten reconvertirse.

Jorge Lema, o mozo de Malpica, coincide con Rivero na profunda crise que está a vivir o xornalismo, mais aposta por la formación e a calidade. Nas súas propias palabras, "a única saída posible é mellorar; traballar para ofrecer cada día algo mellor".

"O futuro xa está aquí" é o título que leva o derradeiro artigo de hoxe, escrito pola ourensana Andrea Carcacía. Nel expón que todas esas teorías do xornalismo de mañá non falan dunha realidade tan distante, senón que xa convive connosco debido á influencia de internet nos medios actuais.

martes, 13 de abril de 2010

O futuro depende de nós

Dicirlle a unha nai que que queres ser xornalista pode provocarlle un bo disgusto. Ou polo menos iso é o que lle pasou a Deborah Castro, estudante na facultade de Ciencias da Comunicación da universidade compostelá.

A tan só uns meses de licenciarse, Castro analiza nun artigo publicado no suplemento de universidade de Galicia Hoxe, o pasado, o presente e sobre todo o futuro do xornalismo. Dalle unha oportunidade ás novas tecnoloxías e sinala que permiten facer "grandes produtos informativos" pero que neles aínda deben seguir vixentes os grandes principios de "veracidade e deontoloxía".

Mais non todo é un camiño de rosas para o xornalismo, nen tan sequera para o multimedia. Déborah Castro amósase moi crítica cos problemas que estas novas fórmulas de comunicación herdan do pasado, nomeadamente coa "precariedade laboral e o intrusismo".

Esta moza, que aos seus 21 anos xa pasou pola Universidade Autónoma de Barcelona e polo diario El País, conclúe que lle corresponde aos xornalistas "recuperar a dignidade" da que, segundo García Márquez, "é a mellor profesión do mundo.