sábado, 29 de mayo de 2010

Análise dunha aplicación: Ziddu

Nome da aplicación: Ziddu

URL: http://www.ziddu.com

Descrición

Ziddu é unha aplicación web que permite almacenar e compartir arquivos de xeito gratuíto. Presenta algunha diferenza a respecto doutros servizos semellantes como Megaupload ou Rapidshare. En primeiro lugar, Ziddu non emprega un modelo freemium, como fan os seus competidores, senón que todas as contas son completamente gratuítas. Agora ben, cada arquivo almacenado non pode superar os 200 mb de tamaño, aínda que isto non impide subir o ficheiro en distintas particións, xa que é posíbel a carga múltiple. Unha característica propia desde servizo de hospedaxe, é que permite organizar en álbums

os documentos de audio, video e imaxe que foron subidos. Ademais, ten un sistema para achegar ganancias aos usuarios, de xeito que paga ao uploader un céntimo de dólar por cada descarga efectuada do seu ficheiro. Con estes datos, podemos constatar que o seu modelo de negocio baséase basicamente na publicidade.

Inferface

Ziddu conta cun menú superior con diferentes opcións:

  • Unha fila de botóns con band

    eiras que representan as diferentes linguas nas que está dispoñíbel a aplicación.

  • O botón de login

  • O botón de rexistro


Debaixo desta barra superior hai outro botón que permite o acceso dun xeito rápido e sinxelo ao menú a través do cal facemos as nosas subidas de arquivos.

Finalmente, no footer da páxina aparecen as ligazóns directas a distintas partes do sitio web, así como diferentes datos sobre Ziddu e o menú de axuda.



Unha vez logueados temos acceso a novas posibilidades.

Funcionamento

Para empregar esta páxina é preciso rexistrarse, aínda que como xa dixen antes, só hai un tipo de conta, que é completamente gratuíta. A principal función que cumpre Ziddu é a de subir arquivos, por iso, desde a nosa conta temos un menú que nos permite cargar desde o noso computador o ficheiro que queremos pór online. Neste mesmo menú, podemos optar pola subida múltiple ou por ir de un en un. Como xa dixemos antes, a única limitación que hai é a dos 200 mb por cada documento.

Despois de subir un arquivo, Ziddu facilitaranos unha ligazón directa desde a que calquera usuario pode descargar o ficheiro. Esta cuestión é moi importante, xa que o único xeito de acceder a estes documentos é a través da ligazón.

En función do tipo de ficheiro que subamos, podemos organizalo de xeitos diferentes grazas á pestana de álbums.

  • De subirmos máis de dúas imaxes, podemos crear álbums no que aparezan todas as fotografías que queiramos. Podemos velas de unha en unha, en miniatura, en tamaño completo ou como slideshow.

  • De subirmos máis de dous vídeos, Ziddu permítenos xuntalos todos nun único álbum de xeito que queden máis organizados e que nos facilite a navegación. Esta aplicación permite ás reproducións en liña.

  • De subirmos máis de dous audios, Ziddu crea unha lista con todos os ficheiros que teñamos e permítenos reproducilos en liña.

Para os arquivos que non agrupamos en álbums, podemos empregar cartafois para mantelos ordenados.

Ziddu permite a posibilidade de sacarlle rendemento económico aos teus ficheiros subidos. Por cada arquivo descargados, abóanche un céntimo de dólar. O pago faise unha vez se acaden os dez dólares a través de Paypal ou de Money Bookers. Podemos facer un seguimento de canto imos gañando a través da nosa conta de usuario.

A última cousa a sinalar de Ziddu é que tamén funciona como unha especie de rede social ao permitirnos agregar amigos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario