Algúns nenos din que de maiores queren ser deportistas, outros astronautas. Pero hai algúns que prefiren ver e contar unha canasta de Michael Jordan ou a chegada do home á lúa. Entre eles está Fernando Barros, estudante de último curso de xornalismo que abre esta nova entrega de artigos sobre o futuro da profesión que publica Galicia Hoxe. No seu texto amosa a súa preocupación por un fenómeno que afecta a todos os medios de comunicación: o intrusismo laboral. Para contrarrestar este problema, considera que é necesario estar en "continua preparación" para amosar que os xornalistas somos verdadeiramente útiles.
Xunto a Barros, tamén publicaron artigos as súas compañeiras Alba Naveira e Alba Chao. A primeira fai unha reflexión sobre a relación entre o xornalismo e tecnoloxía, situando ao profesional como un elemento fundamental á hora de facer de intérprete entre a avalancha de contidos que se recibe en internet e as necesidades informativas da cidadanía. Pola súa banda, Chao explica como desde que se decidiu a ser xornalista, foi perdendo o escepcticismo a respecto da tecnoloxía. Mais ten claro que "nunca se poderá prescindir de persoas cualificadas que informen os cidadáns".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario