sábado, 29 de mayo de 2010

Análise dunha aplicación: Friend Paste

Nome da aplicación: Friendpaste

URL: http://www.friendpaste.com

Descrición

En 2002 naceu unha aplicación web chamada pastebin que se empregaba para “almacenar texto por un determinado período de tempo”. Os seus principais usuarios son programadores que a empregan para compartir código entre eles dun xeito rápido, cómodo, sinxelo e seguro. Friendpaste non deixa de ser unha aplicación deste tipo que achega unha serie de modificacións a respecto do pastebin orixinal como a inclus

ión de máis linguaxes de programación, ou un novo sistema para permitir a edición do código en cuestión.

Inferface

O sitio web conta cun menú superior con catro botóns. O primeiro, situado na parte esquerda, ten o logo do web e lévanos á páxina de inicio. Os outros tres sitúanse á súa dereita e están formados por un cadrado de cor verde e unhas l

etras en branco. O primeiro leva o nome de “New paste” e tamén nos dirixe ao menú principal, xa que é a partir de aí desde onde podemos escribir as nosas pezas de código. O segundo, leva o nome de “Services” e conduce a unha páxina na que se explican as diferentes posibilidades adicionais que oferta Friendpaste, tales como o uso dunha aplicación API, os sitios da comunidade vencellada á web e as ferramentas qu

e podes empregar no teu ordenador para simplificar o uso da aplicación. O derradeiro botón leva o nome de “About” e na páxina á que nos leva podemos ver unha explicación sobre para que se emprega a páxina, quen a fixo, etc.

Na páxina de inicio hai un formulario a partir do cal traballamos co noso código. Temos que pór o texto na caixa máis grande, elixir a linguaxe de programación, pórlle un título e seleccionar se queremos algún filtro de privacidade.



Funcionamento

Esta aplicación pódese empregar sen necesidade de rexistro. Unha vez cuberto o formulario que se describiu anteriormente prémese en “submit” e o noso anaco de código xa aparece publicado. A partir de aí, crearanos unha ligazón co noso código. Calquera persoa autorizada pode editalo ou mudarlle as cores nas que aparece.

Análise dunha aplicación: Ziddu

Nome da aplicación: Ziddu

URL: http://www.ziddu.com

Descrición

Ziddu é unha aplicación web que permite almacenar e compartir arquivos de xeito gratuíto. Presenta algunha diferenza a respecto doutros servizos semellantes como Megaupload ou Rapidshare. En primeiro lugar, Ziddu non emprega un modelo freemium, como fan os seus competidores, senón que todas as contas son completamente gratuítas. Agora ben, cada arquivo almacenado non pode superar os 200 mb de tamaño, aínda que isto non impide subir o ficheiro en distintas particións, xa que é posíbel a carga múltiple. Unha característica propia desde servizo de hospedaxe, é que permite organizar en álbums

os documentos de audio, video e imaxe que foron subidos. Ademais, ten un sistema para achegar ganancias aos usuarios, de xeito que paga ao uploader un céntimo de dólar por cada descarga efectuada do seu ficheiro. Con estes datos, podemos constatar que o seu modelo de negocio baséase basicamente na publicidade.

Inferface

Ziddu conta cun menú superior con diferentes opcións:

  • Unha fila de botóns con band

    eiras que representan as diferentes linguas nas que está dispoñíbel a aplicación.

  • O botón de login

  • O botón de rexistro


Debaixo desta barra superior hai outro botón que permite o acceso dun xeito rápido e sinxelo ao menú a través do cal facemos as nosas subidas de arquivos.

Finalmente, no footer da páxina aparecen as ligazóns directas a distintas partes do sitio web, así como diferentes datos sobre Ziddu e o menú de axuda.



Unha vez logueados temos acceso a novas posibilidades.

Funcionamento

Para empregar esta páxina é preciso rexistrarse, aínda que como xa dixen antes, só hai un tipo de conta, que é completamente gratuíta. A principal función que cumpre Ziddu é a de subir arquivos, por iso, desde a nosa conta temos un menú que nos permite cargar desde o noso computador o ficheiro que queremos pór online. Neste mesmo menú, podemos optar pola subida múltiple ou por ir de un en un. Como xa dixemos antes, a única limitación que hai é a dos 200 mb por cada documento.

Despois de subir un arquivo, Ziddu facilitaranos unha ligazón directa desde a que calquera usuario pode descargar o ficheiro. Esta cuestión é moi importante, xa que o único xeito de acceder a estes documentos é a través da ligazón.

En función do tipo de ficheiro que subamos, podemos organizalo de xeitos diferentes grazas á pestana de álbums.

  • De subirmos máis de dúas imaxes, podemos crear álbums no que aparezan todas as fotografías que queiramos. Podemos velas de unha en unha, en miniatura, en tamaño completo ou como slideshow.

  • De subirmos máis de dous vídeos, Ziddu permítenos xuntalos todos nun único álbum de xeito que queden máis organizados e que nos facilite a navegación. Esta aplicación permite ás reproducións en liña.

  • De subirmos máis de dous audios, Ziddu crea unha lista con todos os ficheiros que teñamos e permítenos reproducilos en liña.

Para os arquivos que non agrupamos en álbums, podemos empregar cartafois para mantelos ordenados.

Ziddu permite a posibilidade de sacarlle rendemento económico aos teus ficheiros subidos. Por cada arquivo descargados, abóanche un céntimo de dólar. O pago faise unha vez se acaden os dez dólares a través de Paypal ou de Money Bookers. Podemos facer un seguimento de canto imos gañando a través da nosa conta de usuario.

A última cousa a sinalar de Ziddu é que tamén funciona como unha especie de rede social ao permitirnos agregar amigos.

martes, 25 de mayo de 2010

E veñan máis dúas!

O xornal Galicia Hoxe vén de publicar dúas novas reflexións sobre o futuro do periodismo elaboradas por alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación. Desta volta, foi a quenda de Manuel Rodríguez e Alba Pinto que, coma moitos dos seus compañeiros, ollan cara internet con esperanza.

Rodríguez centra o seu artigo na excesiva dependencia que ten o xornalismo dos diferentes poderes estabelecidos. Afirma que "Apenas quedan medios independentes, a maior parte están subxugados a empresas e demais institucións mediante publicidade, accionariado e subvencións". Asemade, cuestiona a hipocresía na que nos movemos os xornalistas ao considerarnos grandes defensores da democracia e á vez rematar sendo altofalantes de gobernos e grandes corporacións.

Pola súa banda, Alba Pinto fai un chamamento a reiventarmos o xornalismo, a aproveitar as potencialidades que achega internete para que na comunicación do século XXI nos que "a bolsa de moedas non soe con cada palabra".

martes, 18 de mayo de 2010

Os novos xornalistas preocúpanse polos cambios

Os cambios. Esa é a grande preocupación dos estudantes de xornalismo que esta semana ocupan as páxinas do suplemento de universidade de Galicia Hoxe. Nos seus xa tradicionais artigos sobre o futuro da profesión, Borja Golán, Mercedes Rey e Gemma R. Vega expresan a súa valoración sobre as mudanzas que afectan ao panorama mediático en todo o mundo.

Para Borja Golán, "a Rede non é unha ameaza para seguir practicando un xornalismo de calidade" senón que é unha vantaxe, sobre todo para as novas xeracións. Considera que outros grupos de idade que teñen os costumes arraigados de ler a prensa en papel ou escoitar a radio seguirán a facelo, pero que nos novos soportes iranse introducindo os máis novos.

Pola súa banda, Mercedes Rey é consciente de que calquera dos medios de comunicación tradicionais, se queren sobrevivir nun contexto no que internet como soporte lles anda a comer as papas, terán que iniciar un profundo proceso de mudanza. Nas súas propias palabras, "É preciso mudar as súas estruturas, contidos e formas de facer para diferenciarse do resto no marco das telecomunicacións."

Gemma Vega é a que amosa unha visión máis apocalíptica dos tres textos. A súa principal preocupación radica na falla de veracidade que teñen os documentos que poden atopar por internet.

martes, 11 de mayo de 2010

Os futuros xornalistas preocupados polo intrusismo e a adaptación ás TIC

Algúns nenos din que de maiores queren ser deportistas, outros astronautas. Pero hai algúns que prefiren ver e contar unha canasta de Michael Jordan ou a chegada do home á lúa. Entre eles está Fernando Barros, estudante de último curso de xornalismo que abre esta nova entrega de artigos sobre o futuro da profesión que publica Galicia Hoxe. No seu texto amosa a súa preocupación por un fenómeno que afecta a todos os medios de comunicación: o intrusismo laboral. Para contrarrestar este problema, considera que é necesario estar en "continua preparación" para amosar que os xornalistas somos verdadeiramente útiles.

Xunto a Barros, tamén publicaron artigos as súas compañeiras Alba Naveira e Alba Chao. A primeira fai unha reflexión sobre a relación entre o xornalismo e tecnoloxía, situando ao profesional como un elemento fundamental á hora de facer de intérprete entre a avalancha de contidos que se recibe en internet e as necesidades informativas da cidadanía. Pola súa banda, Chao explica como desde que se decidiu a ser xornalista, foi perdendo o escepcticismo a respecto da tecnoloxía. Mais ten claro que "nunca se poderá prescindir de persoas cualificadas que informen os cidadáns".

As eleccións en ligazóns

INTRODUCIÓN

- A campaña electoral

Ligazóns:

http://www.juancasareslong.com
http://www.conlourenzo.org
http://www.mercedesbrea.org
http://www.pilarbermejo.gestiondecuentas.net
http://www.eucreofuturo.org
http://www.jaimegomezmarquez.org
http://www.jvareladuran.blogspot.com


- O sistema electoral

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/secxeral/Ponderacixn_voto_xpublicadox.pdf


OS RESULTADOS

- Principais éxitos dos candidatos e candidatas por sector

http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/secxeral/descargas/v_ESTATISTICAS_VOTO_PROCESO_SEDE_CANDIDATOS_SECTOR-_7-5-2010xcorrectox.pdf

- Cumpriron ou non cumpriron os obxectivos da campaña?

AS CLAVES DA SEGUNDA VOLTA

- Os candidatos

- Os pactos

- A opinión dos diferentes sectores con representación no claustro:

- Estudantado: Comités, IESGA, ELGa
- PAS: A Trabe, CUPAS, +Util
- Profesorado: Universidade Aberta, Converxencia Universitaria e Plataforma Universitaria Profresista.

http://www.comitesabertos.org
http://www.iesga.es
http://www.elgauniversitaria.blogspot.com

http://www.usc.es/atrabe
http://www.usc.es/cupas
http://www.usc.es/maisutil








martes, 4 de mayo de 2010

O xornalismo que aí vén

O alumnado da facultade de Ciencias da Comunicación segue a debullar o futuro do xornalismo nun blog de Galicia Hoxe. Desta volta é son Julia Fontera, Laura Torres e Verónica López as que achegan a súa visión sobre o porvir da profesión. Nestes breves textos amosan a súas inquedanzas, preocupacións e propostas para o xornalismo que aí vén.

Julia Fontela centra o seu artigo en dous grandes puntos: conciencia crítica e espírito emprendedor do xornalista. Para esta moza natural de Vilagarcía de Arousa "ante os feitos, nada é o que parece até que falan todas as partes implicadas, o sinxelo é máis difícil do que aparenta e a verdade está sempre por descubrir".

A venezolana Laura Torres di que comezou a estudar xornalismo por ser "un labor social" que sirva para "dar a coñecer carencias e necesidades que teñen aqueles que non son escoitados". Con esta vontade, amosa o seu interese polo ciberxornalismo e sinala que é necesario un novo xeito de escribir para web.

Pola súa banda, a xa licenciada en historia Verónica López reflexiona sobre o modelo de negocio do novo xornalismo e considera que os medios en papel aínda non van desaparecer.